O pasado domingo 12 socios animáronse a practicar o descenso en rápel. O taller consistiu nunha explicación e, posterior, práctica na contorna do refuxio "Abel Alonso" que o noso club ten no Budiño.
Despois da teoría achegáronse á zona elixida, onde cada un dos participantes puido practicar os coñecementos adquiridos para facer un descenso utilizando a técnica de rápel.
Grazas ao noso vogal de escalada, Nacho Pequeno, quen planificou e dirixiu esta xornada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.