Emocionante e emotiva, entre outros, son dous adxectivos que se poderían utilizar para definir a charla de Javi Pereiro e Nacho Pequeno.
Grazas rapaces por deixarvos acompañar, hai nove meses, nunha aventura que fixestes que tamén fose a nosa. Grazas por facernos revivir, onte, a emoción que todos sentimos aquela tarde de verán cando vos viamos pisar a liña de meta e dende diferentes lugares berrabamos, como se non houbera un mañá, imaxinando que todos os nosos folgos tiraban de vós.
Graciñas a todas as persoas que asistiron a esta charla-proxección facendo que a sala quedase pequena.
Unhas grazas enormes e moi especiales a Quique Alonso (quiquealonso.wordpress.com) por ocuparse de todo o laborioso traballo técnico.
DIN QUE A ILUSIÓN MOVE MONTAÑAS,
E VÓS SODES UN BO EXEMPLO
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.