Xa vai chegando a data e
imos concretando as actividades e a información para esta agardada
actividade, nun dos lugares máis impresionantes do Pireneo.
SAIREMOS O MÉRCORES 23 ÁS 24 HORAS. Faremos unha parada de 4h
na mañá do 24, para chegar a Benasque en torno ás 18h.
As pernoctas serán na
Escola de Alta Montaña de Benasque. Están reservadas 40 prazas,
polo que é preciso apuntarse canto antes por se temos a necesidade
de ampliar este número.
A LISTA ABRÍMOLA O
MARTES DÍA 1, ATA CUBRIR AS PRAZAS.
AS
ACTIVIDADES
**MONTAÑA E
SENDEIRISMO:
PARA PODER PARTICIPAR
É OBRIGATORIO ESTAR EN POSESIÓN DA LICENZA FEDERATIVA.
Aínda que a última
palabra a vai dar a climatoloxía, nós temos preparadas unha serie
de ascensións e lugares a visitar coas que pensamos satisfacer a
todos os que vos apuntedes a esta actividade.
A ascensión ao Aneto
(3404m) forma parte do programa e xa están reservadas 10 prazas no
refuxio da Renclusa, para a noite do día 25.
Para esta actividade,
que en principio terá lugar o día 26, será preciso ter feito,
cando menos, o curso de “Aproximación
á Montaña Invernal”, ou ter
demostrado experiencia na utilización dos crampóns e piolet. O
material necesario será, ademais dos crampóns e piolet, arnés,
mosquetón e casco. Con todos os interesados nesta actividade teremos
unha xuntanza nos días previos á partida. (Probablemente o mércores
16).
Sen establecer o día
exacto, pois a climatoloxía será un condicionante importante, temos
previsto realizar a ascensión ao pico de Paderna (2622m) ou ao pico
Alba (3107m), visitando nese día o Forau de Aiguallut e o plan
d´Aiguallut.
Noutra xornada
alcanzaremos os ibóns de Batisielles e a ascensión probable ao pico
Perramó (2904m).
Outra alternativa de
actividade probable é o pico Perdiguero (3221m). Tendo a
posibilidade tamén de ascender a Tuca de Roques Trancades (2755m),
para contemplar a impresionante mole do Aneto, dende a estación de
Cerler.
**ESQUÍ:
Loxicamente os
esquiadores terán aquí unha gran oportunidade xa que o autobús os
subirá todos os día á estación de Cerler, onde, neste ano tan
irregular, poderán disfrutar das excelente pistas de esquí desta
gran estación.
Calquera dúbida que
teñades a aclararemos, se chamades ao club no horario de costume.
VEN
PASAR UNS DÍAS DE ALTA MONTAÑA E NEVE
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.