FOTOS "MARCHA DO PAVO E BELÉN DE CUMES"

Os homes e mulleres do tempo non se equivocaron. Aínda que comezamos cun ceo moi nuboso, "Lorenzo" quiso acompañarnos en boa parte da marcha do pavo. Así, poidemos disfrutar da fantástica ruta que o noso vocal de sendeirismo preparara para nós. Grazas José Mª Grova.
Tamén o noso recoñecemento pola paciencia e bo facer dos "controladores" Manuel Pérez e José Bacelos.

Un ano máis deixamos ben colocadiño o Belén, estiramos as pernas nun paseo de 16 km. e dimos conta dun bo cocido como manda a tradición.
Nesta ocasión os gañadores do tan ansiado pavo foron Segundo e Antonio.


¡¡¡NORABOA!!!

Aquí vos deixamos testemuña de todo grazas as fotos de Paco Alvarez e Carlos Carrera.

FOTOS

Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.