Lembrade, que dende HOXE, MARTES 18, xa podedes chamar para pedir información e apuntarvos a esta actividade (Teléfono de actividades do Club 660.69.35.35)
Para a derradeira fin de semana de Agosto os da Sociedad Deportiva Torrelavega, comandados polo noso amigo Fernando, teñen programado o percorrido entre estes dous grandes portos leoneses.
Se lembrades, en Febreiro do 2011, na nosa "Trans", tentamos este percorrido (ao dereito, Porto de San Isidro - Porto de Tarna), mais todas as borrascas do mundo e a néboa aliáronse para facernos a vida imposible.
Temos agora unha segunda oportunidade para facer cumes coma O Remelende (1888 m.), A Rapaína (2022 m.), Peña El Viento (2000 m.) ou o afiado Pico Torres (2100 m.).
O vivac (asistido) farase na Collada Acebal, no fondo do regato Wamba.
ANIMÁDEVOS
¡¡¡¡APROVEITEMOS ESTA NOVA OPORTUNIDADE!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.