XA ESTÁ ABERTA A LISTA
Saímos o 9 de xuño ás 8h. da Praza de España
No
mes de xuño achegarémonos á Serra do Barbanza para
facer a nosa actividade, concretamente
aos concellos da Pobra do Caramiñal e Ribeira.
Iniciaremos
a ruta en Aldeavella, onde
finaliza a carretera asfaltada que parte de A Pobra do Caramiñal. As casas
abandonadas de Aldeavella emprázanse á beira do
río Pedras
por onde faremos o primeiro tramo do noso percorrido, remontándoo ata a ponte da
Miserela. Nese punto xúntanse os dous ríos que baixan da Curota: o San Xoán e o Barbanza, para formar o Pedras. Segundo remontamos
o río aparecen ante nós
multitude de pozas e tobogáns. De vez en cando será bo deterse e contemplar a paisaxe que se divisa ás nosas costas. A ría de Arousa ábrese cada vez máis diante dos nosos ollos.
Chegados aos chans do Barbanza xiraremos cara ao
miradoiro da Curotiña, xa
sempre coa ría de Arousa ao fondo. Din que desde aquí, nos días despexados, podemos
alcanzar a ver desde o cabo
Finisterre ao monte Santa Tecla, o que o convirte nun dos mellores observatorios
de Galicia.
Sempre
en descenso, pasando primeiro polo miradoiro
de Valle Inclán e logo polo cruceiro de
Moldes, dirixirémonos ata o polígono industrial Xarás onde nos espera o autobús
para levarnos á praia do
Vilar no Parque
Natural das Dunas de Corrubedo.
Os que o desexen poderán darse un baño nas
augas desta magnífica praia.
Non volo podedes perder. Anotádevos!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.