BANDEIRA VIAXEIRA #9

Seguimos con outra quenda de fotos deste reto que está por rematar xa...

Parece ser que Juan Carlos Herbello está a recoller España enteira coa bandeira viaxeira. 
Por iso imos amosarvos algunhas das moitas fotos que temos de él no Curavacas 2.520m., Pico Murcia 2.352m. e Espigüete 2.450m. Tamén por Pirineos; Pico Anayet 2.575m., Pico Arnales 3.002m., Pico Balaitus o Moro 3.146m. ou tamén pico Bisaurin 2.670m. Depois visitou a Cornisa Cantábrica para ascender o Pico Infierno 2.537m., o Peña Prieta 2.540m. ou o Pico Tres Provincias 2.496m. Segíu por Ancares facendo o Pico Mustallar 1.935m., o Cuiña 1.992m. ou o Penalonga 1.870m. entre moitos outros....

Juan Carlos Herbello no Curavacas 2.520m.

Fermosas vistas dende o vértice del Pic Anayet 2.559m.

Juan Carlos Herbello no Pico Tres Provincias 2.496m.

Juan Carlos Herbello no Pico Mustallar 1.935m.
Juan Carlos Herbello no Pico Formigueiros 1.643m.

Estamos abraiados por todo o esforzo que supón e a ilusión que nos fai recibir tantas fotos ¡moitas gracias!

Outra socia que nos levou ven lonxe, foi Cristina Fernandez. Neste caso foi as profundidades mariñas do océano Atlántico. Na foto podedes ver que está situada a unha profundidade de 3.077m.

Cristina Fernandez facendo un cumio submarino
Ela nos relata que foi o máis prominente que se puido atopar no seu longo traxecto polo océano atlántico.

Cristina Fernandez no medio do Océano Atlántico

¡Noraboa a todos vos por continuar có reto da bandeira viaxeira!

#Reto da bandeira# Lembrade que no club tendes novas bandeiras dispoñibles para que podades levar os cumios que fagades neste verán. ¡Non dubides en pedila! 

A idea é que todos xuntos conquistemos os teitos mais significativos o longo deste 2019 no que o clube cumpre 75 anos. Ao rematar o ano veremos que socios subiron máis metros coa bandeira trevinca.



spacer

PROGRAMA DE TECNIFICACIÓN DE ESCALADA DEPORTIVA DE GALICIA: PROBAS DE SELECCIÓN 2019

A FGM convoca probas de selección para a posible incorporación de novos talentos ao Programa de Tecnificación de Escalada Deportiva (PTEDG). 

Con esta nova convocatoria pretendese captar e incorporar novos talentos deportivos dende idades tempranas, así como deportistas menos novos que poidan ter unha boa proxección no ámbito da competición de alto nivel. 

Realizarase unha sola convocatoria e será imprescindible cumprir unha serie de requisitos previos.

● Data: Domingo, 15 de decembro de 2019
● Lugar: Rocódromo do Pazo de Feiras (Lugo).
● Horario de comezo: 11:30 am e prolongarase ó longo da xornada en función dos inscritos.
● Probas que o aspirante deberá realizar: escalada de primeiro de cordada en varias vías, diferentes problemas de bloque e entrevista persoal. Requisitos mínimos para participar no proceso de selección: - Ter unha idade comprendida entre os 9 e os 18 anos. (Ano de nacemento 2010 a 2001)



spacer

INFO: SAÍDA SOMIEDO 6 ao 8 de decembro

Hoxe ábrese a lista para anotarse a actividade de montaña e sendeirismo en Somiedo que terá lugar na ponte do día 6 ao 8 de decembro. Hoxe ábrese a lista ata o venres día 29.





INFORMACIÓN DA SAÍDA:

VENRES: iniciamos o noso percorrido en Llamardal. A senda trancorre en suave ascenso a media ladeira de Peña de Gúa para dirixirnos ás brañas de Mumián. Saíndo de alí, e antes de introducirnos no faial da Enraimada, temos a posibilidade de facer o cume Peña el Molinón(1.487m). Esta zona está catalogada como de uso restrinxido, polo que non se poderá abandonar a pista, debendo camiñarse en silencio para non perturbar a vida no bosque. En descenso e en zig-zag dirixímonos á aldea de Coto de Buenamadre para continuar descendendo paralelos ao río Sousas e rematar en Pola de Somiedo.

SÁBADO: atravesando a aldea de Arbeyales, o camiño prosegue por un empinado carreiro pola Foz da Güérgola, pasando polas brañas de Murias e La Corra e chegar ao Camin Real de la Mesa, un roteiro marcado como GR que nos levará ata ao Colláu a Madalena e o cume Cuetu Rubiu(1.663 m). Despois, iremos en lixeiro descenso ata Morteras de Saliencia, onde se poderá acurtar o percorrido seguindo o descenso ata Saliencia. Os máis atrevidos seguirán o roteiro pasando pola braña Rebochal e braña de Ordiales, para acabar chegando ao punto de inicio do mesmo.

DOMINGO: desde Puerto de Somiedo collemos dirección ás Veigas de Penouta para continuar ata o colado que nos vai levar ata Pena Penouta (1.976 m). Volvemos ao colado para seguir baixando por unha canal e terminar en Puerto de Somiedo, realizando un percorrido circular.

¡Non perdades a oportunidade de coñecer este recuncho de Asturias!

spacer

FOTOS

spacer

RESUMO CAMPIONATO GALEGO DE ESCALADA DE BLOQUE 2019

O pasado sábado celebrouse en Ourense o xa clásico Campionato Galego de Escalada en Bloque. Esta proba foi diferente a outras anteriores porque disputouse dentro da feira dos deportes Sportur 2019.

Neste campionato contábanse cun recod de 73 inscritos para as categorías aboslutas femininas e masculinas; e categoría Sub16 masculina e feminina.

Dende ven temprano comezouse o campionato para ter novamente as nosas escaladoras Trevincas dentro das clasificatorias. A final foi moi dinámica representando todo o nivel que temos agora na escalada.

Resultando así os podiums:


Categoría Sub – 16 Masculina
  1. Xavier Carballo Varela (Club AROMON Pontevedra)
  2. Martí Pérez Tur (AMI)
  3. Xoel García Maestu (Club de Montaña Coruña)
Categoría Sub – 16 Feminina
  1. Estela Miles González (Trevinca Montañeros de Galicia)
  2. Aitana Rodríguez Cerezo (Club Montañeiros Celtas)
  3. Mara Rodríguez Méndez (Club Montañeiros Celtas)
  4. Nataia Vale Fernández (Casi chega o Podium! Trevinca Montañeiros de Galicia)
 Categoría Absoluta Masculina
  1. Adrián Álvarez Varela (Indoorclub de Escalada)
  2. Fausto Blanco Pérez (AMI)
  3. Alberto Rodríguez Costa (Club Montañeiros Celtas)
Categoría Absoluta Feminina
  1. Araceli Vale Fernández (Trevinca Montañeiros de Galicia)
  2. Lucia Sousa Rodríguez (ASESOU)
  3. Sabela Córdoba Torrecilla (AROMON Pontevedra)

Agradecer os organizadores ASESOU e a FGM pola boa acollida do evento. Tamén dar as gracias a todos os escaladores pola boa participación, así como non... as nosas campioas! ¡Noraboa rapazas!

spacer

SECCIÓN INFANTIL-JUVENIL: MAGOSTO (23 y 24 de noviembre)


En este magosto quedaremos todos en el refugio de Budiño, donde lo celebraremos con nuestros jóvenes y futuros alpinistas. 

Como el refugio tiene las plazas limitadas los que primero se anoten será los que puedan quedar a dormir en él. ¡Ya está abierta la lista!



En este magosto no faltará de nada pues tenemos preparado todo un parque de aventuras para los más pequeños y no tan pequeños ...

Saldremos el sábado desde el Concheiro a las 16h.  para estar en Budiño sobre las 16,30h y comenzar a preparar el magosto y diferentes actividades en la que los padres tendréis un papel muy activo. 
Tan pronto anochezca iniciaremos la marcha nocturna; será una caminata con aventura, tesoros y más de una sorpresa. De vuelta daremos buena cuenta de magosto castañas, chorizos ... y disfrutaremos de una muy buena velada nocturna.
El domingo a partir de las 10h. tenemos actividades para todos los gustos: escalada, rápeles, tirolinas, puentes tibetanos, caminata con espeleo... 
Para los que el sábado no pudieron venir, también repetimos el magosto.

Es una actividad para que disfruten los nuestros y para los que estén interesados en conocer lo que hacemos y como lo hacemos. 
Si tenéis conocidos que puedan estar interesados animarlos a participar será una buena experiencia.

¡No esperéis a última hora, anotaros!


spacer

INFO: MAGOSTO ADULTOS (16 e 17 de Novembro)

Saída o sábado ás 7,30h. dende Praza España, procurade estar 15 min antes.

É necesario levar saco para durmir (NON os de habitación ou bungalows).
Tamén frontal e utensilio para tomar unha rica queimada. Así coma tamén as ganas de festa xa que o celebraremos con música, empanadas, viño, chourizos e por suposto ... castañas.


¡Lembrade que teremos unha gran sorpresa a noite do sábado!




spacer

PARABÉNS AUTOS GONZALEZ

No club Peña Trevinca sentímonos moi satisfeitos e contentos con esta noticia.
Damos fe, como usuarios de esta empresa desde hai dez anos, do seu bo servizo, atención e da profesionalidade extraordinaria dos seus conductores e empregados.



¡MOITÍSIMAS FELICIDADES A TODA A PLANTILLA!

spacer

Resultados: Campeonato de España de Escalada

La selección gallega participó en el campeonato de España de escalada que tuvo lugar en Pamplona en la sala Rocopolis. El equipo fue decidido a superar todas las pruebas de bloque, dificultad y velocidad desde el día 30 al 2 de noviembre.


Equipo gallego con Erik Noya

Este joven equipo de tecnificación en escalada ya está dando rápidos resultados. Nuestra socia Natalia Vale participaba en la categoría sub14 consiguiendo un 7º puesto en dificultad, así también como Araceli Vale en categoría sub18. Estela Miles en categoría sub16 alcanzó un 12º puesto en velocidad.


3º puesto para Xavi Carballo

En la categoría sub14 masculina tenemos que dar la enhorabuena al socio de AROMON y Trevinca, Xavier Carballo que alcanzo el podium, en un 3er puesto más que merecido, tras clasificarse en velocidad y dificultad.


Selección gallega en Pamplona

Por primera vez dos medallas juveniles para Galicia en un campeonato de España de escalada.

¡Enhorabuena!

Agradecer el enorme trabajo que están haciendo los entrenadores y el equipo de tecnificación de la FGM con nuestros escaladores más jóvenes.

También queremos agradecer a Luisa que acogiera al equipo en Pamplona. 

¡Gracias equipo!


spacer

Ábrese lista Magosto

Hoxe ábrese a lista para anotarse o "Magosto" que este ano terá lugar en  Parada de Sil os días 16 e 17 de novembro. Esta lista estará aberta ata o xoves día 14.



Camiñaremos os dous días sábado e domingo, pero tamén tocará gozar da noite cunha festa a base de empanada, chourizos, castañas  e bo viño do país.

Ademais, esta noite de magosto teremos unha gran sorpresa que ninguén espera; algo nunca visto no club ante o que ninguén quedará indiferente, estamos seguros… Despois seguiremos con sorpresas que incluso nos permitirán bailar e cantar todos xuntos.

spacer