COMUNICADO IMPORTANTE

Hoxe tiveron reunión a Federación Galega de Expeleoloxía coa Secretaría Xeral para o Deporte (SXD) para aclarar dúbidas ante a publicación do BOE relacionado co deporte federado. Vola deixamos aquí de novo, preme aquí



O que lles trasladou o SXD é que a norma queda igual que estaba no BOE do venres día 1 de maio, é decir:
  1. Estará permitida a práctica ao aire libre de deporte non profesional INDIVIUAL. Polo que entendemos que a Espeleoloxía de momento non estaría permitida, dado que sempre recomendamos que os grupos en cova sexan de como mínimo 3 persoas.
  2. Ollo porque establece unha diferencia entre paseo e deporte non profesional, os paseos poderán ser de MAXIMO 1KM DO DOMICILIO, o deporte non profesional DENTRO DO MUNICIPIO DE RESIDENCIA. Dentro desta diferenciación establece tamén que nos paseos poderase ir acompañado de UNHA PERSOA CONVIVINTE.
  3. Tede en conta que na redacción poñen unha limitación por abaixo de 14 anos pero esto debese a que os menores de 14 anos xa estaban podendo sair.
  4. Esta actividade deportiva poderase realizar nas seguintes franxas horarias:
    1. Pola mañá de 6:00h a 10:00h
    2. Pola tarde de 20:00h a 23:00h
    3. Establece a seguinte excepción: "Las franjas horarias previstas en este artículo no serán de aplicación a aquellos municipios y entes de ámbito territorial inferior al municipio que administren núcleos de población separados con una población igual o inferior a 5.000 habitantes, en los que la práctica de las actividades permitidas por esta orden se podrá llevar a cabo entre las 6:00 horas y las 23:00 horas." 
  5. Establece también que para la realización de esta actividad NO SE PODRÁ HACER USO DEL VEHÍCULO MOTORIZADO O TRANSPORTE PÚBLICO PARA DESPLAZARSE. 
  6. Por suposto todos aqueles para os que se manteña a cuarentena por ser positivos no test do Coronavirus o sospeitosos de selo NON PODERÍAN SAIR DA CASA.

Pero coas seguintes particularidades para o deporte Federado e Profesional:

    1. Deporte Profesional:
      1. Poderán adestrar coa presencia dun adestrador se fose preciso sempre mantendo a distancia social de seguridade.
      2. Poderán desplazarse a donde sexa preciso para realizar estes adestramentos ou prácticas deportivas (mar, río, etc...)
      3. Para este fin, e sempre segundo o Delegado do Goberno en Galicia e o propio SXD, poderase utilizar o vehículo propio para desplazarse.
      4. O deportista profesional poderá desplazarse dentro do ámbito da súa provincia de residencia.
      5. E non terá limitación horaria entre as 6:00 horas e as 23:00 horas.
    2. Deporte Federado:
      1. Pola contra do deporte profesional, TERÁ QUE FACERSE A ACTIVIDADE DEPORTIVA DE FORMA INDIVIDUAL. E NON SE PERMITIRÁ A PRESENZA DE ADESTRADOR.
      2. Poderán desplazarse a donde sexa preciso para realizar a súa actividade (mar, río, etc...)
      3. Para este fin, e sempre segundo o Delegado do Goberno en Galicia e o propio SXD, poderase utilizar o vehículo propio para desprazarse.
      4. O deportista federado poderá desplazarse a calquer punto dentro do ámbito municipal.
      5. Ten a limitación horaria entre as 6:00h a 10:00h e as  20:00h a 23:00h pero si que poderá sair nas dúas franxas.

En todo caso, lembrade que hai que ser responsable e manter a distancia social en todo o que fagamos para frear os contaxios.

Lembrade levar a licencia federativa con vos.

Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.