De novo nos asomamos a esta fiestra para, en
primeiro lugar, expresar o noso desexo de que nos atopemos todos ben, así como
as nosas persoas máis achegadas. Parece que as medidas que se foron tomando por
parte do goberno e as autoridades sanitarias van dando os seus froitos e hoxe
temos algúns motivos máis para que o optimismo comece xa a formar parte das
nosas vidas e cada mañá nos sexa máis doado ver un horizonte de luz. Agora as medidas que nos ofrecen, e que vos
pedimos cumpramos todos con rigor polo ben propio e da sociedade, camiñan
lentamente cara a liberdade e o esparexemento.
Dende a FGM
nos fan un comunicado que queremos facervos chegar a todos para a súa
observación e cumprimento. A medida que se avance nas fases que nos teñen determinadas
e se sucedan estes comunicados vos iremos informando.
Unha recomendación que vos trasladamos é a de levar con nós a licenza federativa si,
apoiándonos no punto 4 do Artigo 2 desta Orden, nos afastamos máis dun
quilómetro do noso domicilio para correr
ou simplemente camiñar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.