Mostrando entradas con la etiqueta formación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta formación. Mostrar todas las entradas

CURSO DE INICIACIÓN Á ESCALADA EN ROCÓDROMO (Sábado 22 e domingo 23)

Temos preparado un novo curso de 16 horas no rocódromo da UVigo para persoal da universidade e socios do club. Os socios interesados deben estar en posesión da licenza FEDME.

 As prazas son limitadas e abriremos a lista o martes día 11 ata cubrir o total das mesmas.



spacer

XORNADA DE ESCALADA E SURF: Domingo 28 marzo

 

Xa que as condicións sanitarias e as restriccións actuais nos dan un pequeno respiro, imos facer a primeira actividade do ano, xuntando na misma xornada  escalada e  surf.

É unha xornada pensada para os rapaces en idade xuvenil, de 11 anos a 99, tendo preferencia os menores de 18 anos. Só é necesario ter certa experiencia en escalada e saber nadar.

A escalada será pola mañá, en Monteferro, e cando remate iremos ata a praia de Patos para ter a noso primeiro contacto co mundo do surf. Para esta actividade non é necesario ter experiencia pois a faremos cunha escola de surf e eles pondrán todo o material e monitores necesarios.

A lista abrirase o luns 22 e  pecha o xoves 25; as prazas, por motivos obvios, serán limitadas.

Temos toda a información no club.

Xa que non podemos saír en grupos numerosos nin celebrar a Reconquista, ¡Imos escalar e surfear!




 

spacer

AVISO: LISTA MONTAÑISMO INVERNAL

Dado que mañá día 16 é festivo local en Vigo manteremos pechada á oficina do club. Con tal motivo a apertura da lista do Curso de Montañismo Invernal será o mércores 17.



Tal como indicamos na circular, non temos a certeza de que dito curso se poida levar a cabo na data sinalada, 6 e 7 de Marzo, e parece pouco probable que así sexa, pero consideramos abrir a lista para que en canto sexa posible realizalo, poder comunicarnos xa directamente cos interesados. 


spacer

PROGRAMA DE TECNIFICACIÓN DE ESCALADA DEPORTIVA DE GALICIA: PROBAS DE SELECCIÓN 2019

A FGM convoca probas de selección para a posible incorporación de novos talentos ao Programa de Tecnificación de Escalada Deportiva (PTEDG). 

Con esta nova convocatoria pretendese captar e incorporar novos talentos deportivos dende idades tempranas, así como deportistas menos novos que poidan ter unha boa proxección no ámbito da competición de alto nivel. 

Realizarase unha sola convocatoria e será imprescindible cumprir unha serie de requisitos previos.

● Data: Domingo, 15 de decembro de 2019
● Lugar: Rocódromo do Pazo de Feiras (Lugo).
● Horario de comezo: 11:30 am e prolongarase ó longo da xornada en función dos inscritos.
● Probas que o aspirante deberá realizar: escalada de primeiro de cordada en varias vías, diferentes problemas de bloque e entrevista persoal. Requisitos mínimos para participar no proceso de selección: - Ter unha idade comprendida entre os 9 e os 18 anos. (Ano de nacemento 2010 a 2001)



spacer

XA VAN ONCE ANOS E SEGUIMOS CANTANDO


Pois sifoi no 2008 cando decidimos xuntarnos un grupo de socios  e aprender as nosas cantigas populares e folclóricas e, case sen darnos conta, seguimos aí todos os xoves disfrutando da compañía e aprendendo cancións. Isto levounos a ter participado nalgunhas asociacións e festas, nas que poñemos en práctica o noso bo facer. 


Este ano temos prazas dispoñibles, tanto en homes como mulleres; aqueles que queirades intentalo seredes benvidos e .... ¡¡a cantar!!

spacer

CURSO DE MONTAÑA INVERNAL

A pasada fin de semana, quince dos nosos socios asistiron a un curso especifico para o noso clube de montañismo invernal impartido por dous técnicos da EGAM. 




Deixámosvos algunhas imaxes do entorno de Peña Ubiña, onde se celebrou o mesmo e damos á benvida ás travesías do club aos nosos novos montañeiros.



spacer