Mostrando entradas con la etiqueta Concursos Sociais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Concursos Sociais. Mostrar todas las entradas

TROFEOS CONCURSOS SOCIAIS 2020 e PRÓRROGA

Debido á situación que estamos a atravesar, este ano non haberá cerimonia nos PP Capuchinos pero aínda así, os que remataron os concursos terán o seu trofeo ou diploma. Os premiados este ano son:

  • 2º Categoría: Mª Beatriz Pérez Vidal, Julio Fernández González.
  • 150.000 metros: Leopoldo Ángel García Rodríguez, Enrique Toba Nardín, Augusto Vilas Casal.
  • 250.000 metros: Cristina Conde Pérez, Pura Peña Freire, Francisco Lages MartÍnez.
  • 500.000 metros: Tomás Campo Alfonso, Luís Rafael Suárez Valeiras.
  • Socios Colaboradores: Manuel Pérez Blanco, José Bacelos González, Francisco Javier Pereiro Puga, Cristina Fernández González, Alexandre Martínez Schönemann, Inhaqui Solla Covelo.

Cómpre tamén mencionar a dous non socios do noso club, membros do CETRA-Club de Espeleoloxía A Trapa, Marcos Vaqueiro e Reinaldo Costas, que nos axudaron este ano nas actividades de espeleoloxía.

Se algún socio non se atopa entre os premiados ou como colaborador e cre que rematou algunha categoría ou colaborou nalgunha actividade social, por favor, que se poña en contacto co club canto antes.

Recordade que a partir do 1 de decembro xa se poden abrir as distintas categorías dos concursos sociais.


PRÓRROGA DE CONCURSOS SOCIAIS

Posto que neste 2020 tan distinto  non puidemos practicar o montañismo tanto como quixeramos, a Xunta Directiva decidiu prorrogar un ano a todos os socios con concursos abertos que teñan data limitada para a súa realización. Son todos excepto, Teitos, Metros e Memorial Gonzalo Gurriarán.


 

spacer

NOVOS CONCURSOS SOCIAIS


Trátase dunha tradición case tan antiga como o club que se mantén activa dende entón pero quizais algúns socios non tedes coñecemento dela. 
Con estes concursos  tratábase de ter un acicate máis para acudir á montaña, en solitario ou con amigos, pois non había a diversidade de actividades como agora. Pero, aínda así, e coas oportunas modificacións que se foron facendo a través dos anos, a día de hoxe son moitos os socios que participan neles e boa mostra é a entrega de trofeos que celebramos cada ano.

Precisamente aproveitamos unha ampliación que vimos de aprobar este ano, para informarvos a todos desta alternativa para gastar botasvisitando lugares con premio e convidarvos a participar neles.

Xa poderedes consultar na páxina web a nova Normativa de Concursos Sociais, unha vez que foi aprobada pola Xunta Directiva.
Nesta  actualización creouse un novo concurso denominado Memorial Gonzalo Gurriarán e unhas novas seccións de concursos de “Escalada” e “Vías Ferratas”.

Para participar no  concurso "Memorial Gonzalo Gurriarán", como nas normas xerais se indica, non é preciso facer ningún outro previo. Son 30 cumes dunha lista de 40, dos que algúns son obrigatorios. Nel téntase coñecer e percorrer os macizos máis importantes do país. Eliximos os montes tendo en conta varios aspectos: dificultade técnica, física ou, nalgún caso, o que ese cume representa no seu macizo. Este concurso, como veredes na lista de montes a realizar, necesita o seu tempo polo que este será ilimitado. E tendo en conta a súa dificultade o premio será un trofeo e diploma.

Referente ao de Actividades de Escalada, estes teñen as súas normas xerais propias e cada concurso as súas específicas. Podendo concursar por Categorías, Escolas de Escalada, as Ferratas, 50 Vías Clásicas e Acumulación de metros de Escalada
Con esta nova sección nace un novo parte específico para a escalada que podedes descargalo premendo aquí e ver as normas.

¡Calquera dúbida será aclarada con moito gusto!



spacer

Xogo Cuarentena 8º: ¿Onde?

8º día do noso particular concurso 😉.


Pregunta: ¿Sabes que son? ¿Onde se atopan cada unha destas localicacións?





Neste caso as fotos foron sacas na saída inf-xuvenil.... ¡¡moita sorte!!



 #quedanacasa
spacer

Xogo Cuarentena 7º: ¿ONDE?

7º día do noso particular concurso 😉.
Veña que xa queda menos....

Pregunta: ¿Onde nos atopamos?





Neste caso as fotos foron sacas na saída inf-xuvenil.... ¡¡moita sorte!!


 #quedanacasa
spacer

Xogo Cuarentena 6º: Cañons

6º día do noso particular concurso 😉.
Veña que xa queda menos....


Pregunta: ¿Qué cañóns nos atopamos? Son duas diferentes.




Pista: Cada unha das fotos é unha Foz moi coñecida....
Neste caso as fotos foron sacas en saídas de adultos.... ¡¡moita sorte!!

 #quedanacasa



spacer

Juego Cuarentena 5º: ¿Dónde estamos?

Hoy vamos con la sección de espeleología.

Pregunta: ¿Dónde están hechas? 






Recordar que son salidas del club y .... ¡¡mucha suerte!!

Como añadido queremos dejaros un hermoso vídeo donde se pueden escuchar los sonidos de los diferentes pájaros que nos podemos encontrar a lo largo de toda la geografía de España:


Recordar #quedanacasa
spacer

Juego Cuarentena 4º: ¿Onde?




Pregunta: ¿Onde nos atopamos?






Pista: Todos os lugares foros visitados por os infantís e alguns pola sección de adultos... ¡Sorte!

#quedanacasa

spacer

Juego Cuarentena 3º: Fervenzas

3º día do noso particular concurso 😉.
Xa que esta chegando a calor....

Pregunta: ¿Cales son estas fervenzas?





Lembrade que son saídas do club.... ¡¡moita sorte!!

 #quedanacasa


spacer

Juego Cuarentena 2º: ¿Dónde?

2º día del nuevo concurso 😉.
Para continuar con esta segunda tanda, vamos con la sección infantil. 

Pregunta: ¿Dónde están hechas? y ¿Qué es lo que vemos en ellas?





Recordar que son salidas del club y .... ¡¡mucha suerte!!

Recordar #quedanacasa


spacer

ASEMBLEA E CEA

Queremos deixar constancia do noso agradecento pola vosa asistencia a estes dous actos da pasada fin de semana. 

Moi concurrida a Asemblea, tras a cal celebramos o sorteo entre os participantes da "Bandeira Viaxeira", de tres premios por sendos vales de compra por valor de 100€. Estes recaeron nos socios Alexandre Martínez, Xian Seoage e Manolo Riveiro. ¡Noraboa aos tres!


Logo, o sábado, celebramos a Cea Homenaxe ao Socio, tamén cunha boa representación, e na cal puidemos agasallar aos nosos socios que cumpren 25 e 50 anos neste 2020 no seo do club. ¡Felecidades a todos! 


Á mesma tamén acudiron o Concelleiro de deportes Manel Fernández e o Alcalde de Vigo Abel caballero.



Moitas grazas a todos os  que participástedes nestes dous actos dende a Xunta Directiva.



spacer

CONCURSOS SOCIAIS


Un ano máis animámosvos a que participedes nos concursos sociais que o club ten propostos para todos os socios. 

Na nosa web (preme aquí) podedes atopar toda a normativa, así como o modelo de parte que podedes descargar para presentar as vosas actividades.



spacer

ENTREGA DE TROFEOS 2019

Venres, 20 de decembro ás 20:30h
Auditorio dos PP.Capuchinos (r/Vázquez Varela nº15)

Non esquecer que temos entrega de trofeos e unha Gran Festa para todos este venres.
Traede algo para compartir, ademais das ganas de festa...

¡Axudanos tamén a encher a Mochila Solidaria!


Lembramos os premiados de este ano:
  • 3ª Categoría: Alejandro Carrera Martínez, Mª Beatriz Pérez Vidal, Julio Fernández González.
  • 1ª Categoría: Mª Pilar Del Moral Cardo.
  • PARELLAS: Mª Concepción Conde Trigo, Mª Mercedes Pérez Rodal, Ricardo Moratinos García.
  • 150.000 m: Ignacio Carrera Soto, Alberto Ruibal García, Mario Cuervo Hijarrubia, Jose Manuel González González, Mª Pilar Del Moral Cardo. Mª Mercedes Pérez Rodal, Ricardo Moratinos García.
  • 250.000 m: Jose Antonio Fernández González.
  • 1.000.000 m: Manuel Riveiro Parcero, Alfonso Soto Herrero.
  • 3ª Categoría Infantil: Lucas Magdalena Martín, Xián Porto Rodríguez.
  • SOCIOS COLABORADORES: José Manuel González González, Felipe Carballido Galego, Carlos Carrera Rodríguez, Susana Serantes Conde, Samuel Barreiro Ramilo, Ignacio Rodríguez Pequeño y Enrique Toba Nardín y Mª José Toucedo Díaz.
  • PARTICIPACIÓN: Mª José Toucedo Díaz.

¡Grazas polo voso útil e desinteresado traballo e tamén por pasar a recoller o voso agasallo!

spacer

NO TEITO MÁIS ALTO


Este pasado finde a bandeira do club, xunto coa do Concello de Vigo, chegou ao teito máis alto de España... polo de agora.


Os socios Javi Pereiro, Francisco Rdguez. “Kiko”, Lois Faro, Carlos Garrido, Nacho Rdguez. e os amigos Mónica García e Martín Romero chegaban con elas ao cume do Teide (3718m) nun percorrido que iniciaron, con nocturnidade e alegría, dende a praia del Socorro en Tenerife. 



Un total de 19 horas, once para subir e oito para baixar, foron as empregadas no durísimo percorrido de 56km en total, sen parar apenas para facer as fotos na altura máxima do teito de España.



Fantástica experiencia, fermoso amencer no cume, e sobrecarga muscular “marabillosa” ao rematar de novo nas augas da praia tinerfeña.
FELICIDADES a eles e vos animamos a viaxar e a levar como compañeira a bandeira do club.





spacer

ENTREGA TROFEOS 2018

spacer

LICENZA FEDERATIVA

Estamos a piques de rematar o 2017 e será tan recomendable coma necesario renovar a nosa licenza para seguir facendo actividades na montaña de xeito moito máis seguro.  
Lembramosvos todos os beneficios (que non son poucos) que teñen os titulares das Licenzas Federativas.
 
 

POLA TÚA SEGURIDADE..... FEDÉRATE!!!!

 
spacer

AVISO: "PARTES DE ACTIVIDADES"

Xa podedes descargar o PARTE DE ACTIVIDADES para o 2016, semella que había un erro que xa está arranxado.
 
Desculpade polas molestias ocasionadas.
spacer

ACTUALIZACIÓN DA NORMATIVA DE CONCURSOS DE ACTIVIDADES

Disfruta de la naturaleza con los concursos de actividades que el Club tiene establecidos para sus socios y obtendrás un bonito trofeo al finalizar cada uno.
Se acaba de hacer público el nuevo modelo de parte de actividades siendo el único válido a partir de ahora.  Rellénalo exponiendo las actividades realizadas y no olvides indicar el concurso en el que participas. Entrégalo en el Club, o simplemente envíalo por correo electrónico a info@trevinca.es.


ACTUALIZACIÓN DA NORMATIVA DE CONCURSOS DE ACTIVIDADES

A Xunta Directiva do Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia acordou, en reunión mantida o 22 de decembro de 2014, a modificación da Normativa de Concursos de Actividades, vixente ata ese momento, quedando polo tanto anuladas as anteriores de 1987, 2004 e 2008.

A nova normativa modificada, que entrará en vigor a partir do 1 de decembro de 2014 é a seguinte:

NORMAS XERAIS

- Para iniciar a participación en calquera dos concursos, comunicarase a mesma por escrito ao Responsable de Concursos, entregando o “Parte de Actividades” no Local Social ou ben a través do fax ou correo electrónico. Todos os partes se cubrirán de forma individual, indicando o tipo do concurso, data e firma do socio.

- Os concursos faranse de forma correlativa, tal como figura nas presentes normas, comezando polo de categorías, que son obrigatorias para todos os demais, podendo realizar unicamente un concurso ao ano.

- Só se permitirá repetir un monte 2 veces no mesmo ano no concurso de metros.

- No día, non será válido máis dun cume e este non será nunca inferior aos 300m. En xeral, para calquera concurso, non está permitido máis dunha actividade por día.

- O período para realizar os distintos concursos será o comprendido entre o 1 de decembro e o 30 de novembro, debendo estar finalizados dentro deste intervalo de tempo, os que sexan anuais.

- É obrigatorio entregar os partes das actividades realizadas dentro dos 30 días seguintes á realización das mesmas. Débense utilizar para iso os impresos que o club facilita no local social ou na páxina Web. Os partes entregados fóra dese tempo non serán válidos, salvo autorización da Xunta Directiva.


- Todo parte que careza de datos suficientes ou se observe no mesmo falseamento ou mala fe, será invalidado automaticamente e no caso dos últimos supostos, aplicarase a sanción á que houbera lugar.

- Non se terán en conta os cumes principais que non se axusten á nomenclatura e á altura dos mapas do IGN de España, de escala 1:25000, e en xeral, non se terán en conta as cotas secundarias moi próximas á principal, nin os cumes estranxeiros que non sexan perfectamente identificados.


- Todo socio do club que realice actividade para calquera dos concursos establecidos, estará en posesión da Licenza Federativa da F.E.D.M.E. Agás para os Concursos de Metros e o de Teitos de España, a licenza será emitida a través do Club Peña Trevinca M.G.

- Os socios que participen nos Concursos de Actividades e realicen os mesmos dentro dos prazos e normas establecidas, serán obsequiados cun diploma ou trofeo que faga referencia ao concurso conseguido. Para isto tamén será obrigatorio realizar, cando menos, unha actividade das organizadas polo club dentro do período de concursos.

- O Club Peña Trevinca, a través dos seus Órganos de Dirección, resérvase o dereito a modificar a inclusión, exclusión, nomenclatura, altura, ou calquera outra precisión de montes e actividades que afecten aos concursos, baseándose sempre en medicións e cambios efectuados por Organismos Oficiais.

Nota: respectaranse as condicións existentes no momento de ter iniciado o concurso a aqueles socios que o tiveran aberto con anterioridade a esta modificación.


spacer

CONCURSOS PARA SOCIOS ADULTOS

3ª CATEGORIA: 15 MONTES de MÁIS DE 600m e 2 de MÁIS de 700m (1 ano)
2ª CATEGORIA: 15 MONTES de MÁIS DE 800m e 3 de MÁIS de 900m (1 ano)
1ª CATEGORIA: 20 MONTES de MÁIS DE 800m e 4 de MÁIS de 1000m (1 ano)
PREMIO EN CADA CATEGORÍA a elixir : TROFEO OU DIPLOMA.

* CONCURSO DE PARELLAS DE MONTES: a elixir 15 PARELLAS de montes da lista proposta. Tamén terán validez 3 parellas, como máximo, das propostas nas actividades organizadas polo club. Esta opción deberase comunicar ao vocal responsable dos concursos facéndoo constar no parte.
PRAZO: 1 ANO. PREMIO: TROFEO.

* CONCURSO DE TRAVESÍAS DE MONTAÑA: a elixir 15 TRAVESÍAS da lista de 30 propostas. Tamén terán validez 3 travesías, como máximo, das propostas nas actividades organizadas polo club. Esta opción deberase comunicar ao vocal responsable dos concursos facéndoo constar no parte. 
PRAZO: 1 ANO. PREMIO: TROFEO.





* CONCURSO CENTENARIO: 100 MONTES de máis de 500m. Poderán realizalo aqueles socios que realicen sucesivamente as categorías 3ª, 2ª e 1ª e os concursos de Parellas e Travesías.  
PRAZO: 2 ANOS MÍNIMO, 4 ANOS MÁXIMO. PREMIO: 1ª VEZ TROFEO. VECES SUCESIVAS: DIPLOMA.
- Só será válido un cume por día, non podendo facer o mesmo día ningunha actividade para calquera outro concurso. Os montes nunca serán repetidos.
- Este concurso poderase repetir as veces que se queira.

* CONCURSO DE CAMPAMENTOS: 12 CAMPAMENTOS en montes de máis de 500m, 2 CAMPAMENTOS en montes de máis de 1000m e 20 CUMES de máis de 500m.
PRAZO MÁXIMO: 2 ANOS . PREMIO: TROFEO.
- Consiste en pasar a noite acampado nas proximidades do monte realizado previamente, podendo ao día seguinte ascender outro cume próximo ( non vale o mesmo) acumulable para completar os 20 cumes do concurso.

* MEMORIAL ANGEL VILLAVERDE: A elixir 25 CUMES da lista proposta. Só será válido un por día.
PRAZO: 2 ANOS MÁXIMO. PREMIO: TROFEO (Hórreo de prata ou similar).

* CONCURSO SUPER CENTENARIO: 100 montes de máis de 1000m.
PRAZO MÍNIMO 3 ANOS e MÁXIMO 5 ANOS. PREMIO 1ª VEZ TROFEO, SEGUINTES VECES DIPLOMA.
- Poderase realizar unha vez acabados todos os anteriores.
- Este concurso poderase repetir as veces que se queira.

*CONCURSO DE VETERANOS: 15 PARELLAS, 8 TRAVESÍAS, 8 CAMPAMENTOS en montes de máis 600m, 20 CUMES de máis de 600m, 5 CUMES de máis 1000m, e 3 de máis de 2000m. 
PRAZO: 2 ANOS. PREMIO: TROFEO.
- Poderán realizar este concurso todos os socios que completen sucesivamente os anteriores, sendo este o final do ciclo e resumo deles.

OUTROS CONCURSOS E NORMAS ESPECÍFICAS PROPIAS

*CONCURSO TEITOS DE ESPAÑA: 50 CUMES. PRAZO ILIMITADO
PREMIO a elixir: TROFEO OU DIPLOMA.
- Poderán participar todos os socios maiores de 15 anos e unicamente basta con ter realizadas 3ª, 2ª e 1ª categoría, facendo soamente un cume por día, non podendo realizar actividade para outro concurso nese mesmo día.
- Este concurso está baseado no libro de “Os Teitos de España” de José Martínez Hernández (ed. Desnivel)
- No caso de que un monte sirva de teito a dúas provincias, fixouse un monte alternativo a realizar neste concurso, non sendo válido o mesmo para ambas.

*CONCURSO DE PARTICIPACIÓN: a única condición é a participación nas actividades que realiza o club nas modalidades de Sendeirismo e Montañismo. 
PRAZO ANUAL. PREMIO a elixir: TROFEO OU DIPLOMA.
- Consiste en participar en, polo menos, todas menos unha das actividades dun día que organiza o club durante o período de concursos ou, en todas menos unha, das actividades organizadas polo club de dous ou máis días.
- Os partes cubriraos o vocal responsable da actividade, a quen se lle comunicará a intención de realizar este concurso na 1ª saída que se participe.
- Poderase repetir as veces que se queira.

*CONCURSO DE SENDEIROS: sendeiros por etapas segundo lista. PRAZO: UN ANO
- Poderán participar calquera socio, tanto infantil como adulto, e consiste en percorrer as 25 etapas da lista de sendeiros proposta, tanto GR como PR.
- Unicamente será válida unha etapa por día e deberá especificarse o inicio e final de cada etapa no parte de actividades.
GR 58 S. dás Greas: 202km 10 etapas desde Vigo (Cotogrande) a Vigo (Aeroporto)
GR 94 S.Rural de Galicia: 138km 6 etapas Desde Vigo (A Madroa) a Santiago (catedral)
GR 53 Panorámico de Vigo: 58,2km 2 etapas.
PRG 164 Senda da Fraga do Barragán: 17,3 km 1 etapa
PRG 119 Ruta do Xabriña 17 km 1 etapa
PRG7 8 Leiro-Pena Corneira: 9km 1 etapa. Desde Leiro ata Lama (Pena Corneira)
PRG 67 Sendeiro Histórico de Mos: 17,8km 1 etapa.
PRG 132 Ruta dos Montes de San Cibrán 12,83 km 1 etapa
PRG86 Sendeiro Viñedos dá Ribeira Sacra: 13,3km 1etapa

PREMIOS ÁS ACTIVIDADES

Consideramos agrupar neste apartado a aqueles premios nos que non é preciso inscribirse, coma se se tratase dun concurso, e que son de aplicación xeral a todos os socios do club, incluídos os Infantís-Xuvenís.

ACUMULACIÓN DE METROS: acumulación de 150.000m. 250.000m, 500.000m. e 1.000.000m e así sucesivamente cada 500.000m.
PRAZO ILIMITADO. PREMIO A elixir: TROFEO OU DIPLOMA.
- Estes concursos son válidos para todos os socios e consisten na acumulación de metros de todos os cumes ascendidos, co club ou de forma particular, ata chegar ás cifras indicadas, sen haber limitación de tempo en ningunha delas. Todos os que cheguen á cantidade de 150.000m poderán continuar: 250.000m, 500.000m, 1.000.000m e así sucesivamente cada 500.000m. De alcanzar dúas acumulacións nun ano, obterase unicamente trofeo pola maior.



spacer