SÁIDA A SALAMANCA- BATUECAS (22 o 25 de febreiro)

¡Aínda queda algunha praza para a saída de Salamanca! A lista péchase este venres.

Teremos senderismo polo Parque Natural de las Batuecas, montaña pola Serra do Candelario e Esquí pola estación La Covatilla....



Aproveitando que este ano é festivo o martes de entroido en Vigo, imos facer unha escapada á provincia de Salamanca, onde teremos  3 opcións a elixir: sendeirismo no Parque Natural das Batuecas-Sierra de Francia de 44.800 hectáreas, montaña na serra de Candelario e esquí na estación La Covatilla. Estamos aloxados en La Alberca que no ano 1.940 converteuse no primeiro municipio español que conseguiu a distinción de Monumento Histórico- Artístico.

Maís info da saída:

Sábado: Madrugaremos e antes de chegar ata o noso destino faremos unha parada na vila portuguesa de Sabugal, onde destaca o seu castelo que data da época en que pertenceu ao reino de León, durante o mandato de Alfonso IX a finais do século XII. Ten a sorte de estar situada na ribeira do río Coa. Faremos un percorrido de pouco máis de 10 km. Saíndo de Sabugal, percorremos os meandros do río Coa nun roteiro circular para logo facer a última parte do día en bus, destino La Alberca.

Domingo: Trasladámonos todos en bus ata Miranda del Castañar. Aquí, os sendeiristas inician o seu roteiro, pasando logo por Sequeros, Las Casas del Conde e  San Martín del Castañar para rematar en La Alberca. Catro lugares que son Monumento Histórico-Artístico, unidos por tres sendeiros: "Camino de los Prodigios", "Bosque de los Espejos" e "Ruta de los Molinos". O resto do grupo seguirá percorrido en bus ata La Covatilla, onde os esquiadores teñen a estación de esquí, e o grupo de montaña equipado con material invernal, incluídos crampóns e piolet, inicia o seu percorrido que os levará ao teito de Salamanca: " Canchal de la Ceja" de 2.428 metros.

Luns: Dende o mosteiro das Batuecas, de finais do século XVI e ocupado pola orde dos Carmelitas Descalzosfaremos un percorrido de 20 km que nos fai pasar na metade do percorrido por La Alberca e que remata no Santuario de Peña de Francia a 1.728 metros. O bus, despois de deixarnos no inicio do roteiro, trasladarase a La Covatilla para levar aos de esquí.


Martes: Dende a aldea de Sequeros partimos camiño a Villanueva del Conde e dende  aquí a Garcibuey, onde iniciaremos a subida ata chegar a La Buitrera. Aquí poderemos observar os voitres no seu estado natural. O noso percorrido continúa realizando un roteiro circular de apenas 15 km.


¡Non perdades a oportunidade de coñecer este recuncho de Salamanca!

Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.