Escalada: Campionato Galego de dificultade


O pasado sábado día 19 de outubro celebrouse o Campionato galego de escalada de dificultade na cidade de Lugo. Ese mesmo día foi estreado o novo rocódromo da cidade Lucense, un dos máis completos de toda España onde se poderán practicar as tres disciplinas olímpicas da escalada: bloque, dificultade e velocidade; das que poderemos gozar nas próximas Olimíadas de Tokio 2020.



O noso club pode estar moi orgulloso de contar coa nova campioa galega de dificultade en categoría absoluta, Araceli Vale, que vén de proclamarse tamén campioa da proba de bloque dos Street Games celebrados na Coruña o pasado 5 de outubro. 


En Lugo tamén estiveron a un gran nivel Natalia Vale e Estela Miles aínda que só lles permitiron participar como convidadas por ser menores de 16 anos. Estas tres grandes escaladoras foron seleccionadas pola Federación Galega para participar no Campionato de España que se celebrará en Pamplona do 29 de outubro ao 3 de novembro. 




¡Moitas felicidades e moita sorte!


Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.