Fotografías "Ruta sendeirista e II Concurso fotográfico"

Pasear as rutas que nos ofrece a Ribeira Sacra é sempre un privilexio. Así o comprobamos, o pasado domingo, nesta dobre actividade que fixo as delicias tanto de andaríns coma de fotógrafos.
 

Moitas grazas ao Vogal de Sendeirismo, José Mª Grova, e ao noso socio José Antonio Fernández por exercer de guías no grupo de andaríns. Tamén ao  socio Carlos Carrera e a nosa Vogal de Comunicación, Susana Serantes,  por  abrir camiño aos fotógrafos.
Grazas especiais a Esperanza e  Chelo do  colectivo "Móvete por Nogueira" que nos deron toda a información que precisamos para que esta actividade fose o máis completiña posible e polo gran traballo de dinamización que neste Concello están a realizar.
 

Aquí vos quedan imaxes do que deu de sí esta xornada. As fotos son de Carlos Carrera. 

VER ÁLBUM
 
Coma sempre moitísimas grazas a todos por participar, de xeito especial  aos fotógrafos que nos permiten celebrar esta  II edición do concurso fotográfico. ¡¡¡A todos eles moita sorte!!!
(Lembrade que o prazo para enviar as fotos  do concurso remata o próximo domingo 4 de novembro).
 


 
 

 

 
spacer

CALENDARIO DE ACTIVIDADES


Xa podedes consultar a circular do mes de novembro no apartado "Circular do mes".
 
 
spacer

Os trevincos que atoparon "o Monte Perdido"...

...Foron os nosos socios Inés Olmedo, José Manuel González, Diego Mario Olmedo e Augusto Vilas.
Onte, pisando as primeiras neves caídas no Pireneo, conseguiron facer cume no emblemático Monte Perdido, nunha ascensión con base no histórico refuxio de Góriz.
 
FELICITACIÓNS!!!
 
De esquerda a dereita: Augusto, José Manuel e Diego Mario no cume
 
Primeiro plano de Inés, José Manuel e ao lonxe Augusto, durante a baixada

 
spacer

Información "Ruta sendeirista e ruta fotográfica" (Domingo, 28 de outubro)

 
** Saímos ás 07:30 horas (HORA NOVA) da Praza de España.
 
** Lembrade que na noite do sábado para o domingo temos que ATRASAR os reloxos UNHA HORA, é dicir, durmiremos unha horiña máis.

** Non esquezades levar as cámaras de fotos coa memoria valeira e a batería chea, maiormente os fotógrafos.


 
 
spacer

Ruta sendeirista e II Concurso Fotográfico pola Ribeira Sacra (Domingo, 28 de outubro)

XA ESTÁ ABERTA A LISTA PARA APUNTARSE A ESTA ACTIVIDADE
 
Lembrade que hai unha ruta para sendeiristas de 19 km e outra para os participantes no concurso fotográfico de 11 km.
Tanto na ruta sendeirista coma no concurso poderán participar socios e persoas non socias.
 
Toda a información desta actividade a atoparedes na circular do mes PREMER AQUÍ , ou chamando ao club.
 
Bases do concurso fotográfico GALEGO.
 
Bases del concurso fotográfico CASTELLANO.





 
spacer

Estela e Araceli suben, unha vez máis, ao podio

O pasado sábado celebrouse en Ourense a II Proba da Copa Galega de Clubes de Escalada en Bloque 2018 na que participaron as nosas socias Estela Miles e Araceli Vale.
Dende aquí  queremos amosar o  noso recoñecemento por todo o esforzo e o traballo que están a realizar as “nosas raíñas da escalada”: Estela e Araceli, que nesta ocasión foron quen de acadar  o primeiro e segundo posto respectivamente na categoría feminina Sub18, despois dunhas probas moi reñidas nas que estiveron a maior parte do tempo empatadas.
 
Estela, nesa mesma xornada, volveu a pisar o podio coma Campiona Galega de Escalada en Bloque 2018, grazas á media resultante entre a posición  acadada na proba que se celebrou hai uns meses en Lugo e a conseguida en Ourense.


OS NOSOS PARABÉNS ÁS DÚAS!!!

No centro Estela, á súa esquerda Araceli.
Foto: Asesou
 
En primeiro plano, Estela (pantalón curto) e Araceli (camiseta azul) analizando o percorrido
Foto: Asesou


 
spacer

Andaina pola protección da Serra do Galiñeiro

Queremos dar as GRAZAS a todos os TREVINCOS que na xornada de onte vos achegastes ata o noso entrañable monte Galiñeiro e formastes parte do movemento a favor da protección da Serra do Galiñeiro, ben axudando coa organización ou/e participando na Andaina.

Un agradecemento especial para o noso socio José Manuel González pola dedicación e axuda  prestada nesta actividade.

LER MANIFESTO DA VII ANDAINA

LER ARTIGO EN PRENSA
 
 
 




 
 
 

















spacer

Andaina pola protección da Serra do Galiñeiro (Domingo, 21 de outubro)


 


spacer

"As nosas fotos"


Autor: Diego Mario Olmedo
spacer

Fotografías "Derradeira etapa Volta ao Bierzo"

Rematamos, despois de cinco anos, a emblemática "Volta ao Bierzo" que tan boas lembranzas nos deixa.

Grazas especiais por todo esforzo realizado ao noso Vogal de Montaña, Tomás Campo, que durante estas once etapas levounos da man percorrendo estas paisaxes tan fermosas e que tanto botaremos en falla.

Grazas tamén ao noso Vogal de Sendeirismo, José Mª Grova e aos socios José Antonio Fernández e José Manuel González por encargarse de encamiñar, nesta ocasión,  ao grupo de sendeiristas.

As fotiños e o vídeo son cortesía de Guillermo Mariño, Cristina Conde, Carlos Garrido, Diego Mario Olmedo y José Manuel González. Grazas.
 
 








spacer