Circular do Mes

lunes, agosto 31, 2020

XORNADAS DE FORMACIÓN CONTÍNUA DE ESCALADA

Xornadas dirixidas a socios do Club Peña Trevinca e ao persoal da comunidade Universitaria da UVigo indistintamente.


Prazo de solicitude: 8 ao 18 de setembro. A través da publicación que faremos nas redes sociais.

INCRIBIRSE PREMENDO AQUÍ (O prazo está pechado)


Duración: Dende outubro ata maio. 

1º trimestre: Outubro, novembro e decembro.

2º trimestre: Xaneiro, febreiro e marzo.

3º trimestre: Abril e maio.



Dada a interrupción das mesmas no pasado mes de marzo, terán preferencia os alumnos do pasado curso, se ben será obrigatorio que formalicen a súa inscrición nos prazos establecidos.



PREZOS:

Grupo 3: Cobro mensual anticipado de 22€/mes.

Resto de grupos: Cobro trimestral anticipado de 27€/mes.


CRITERÍOS DE SELECCIÓN GRUPOS DE INICIACIÓN:

-Ter participado no ano anterior.

-Criterio de "homoxeneidade do grupo" segundo o monitor responsable.

-Orde de inscrición.


CRITERÍOS DE SELECCIÓN GRUPOS DE PERFECCIONAMENTO:

-Ter participado no ano anterior.

-Demostrar capacidade de escalar mínimo 6a. (Proba de acceso).

-Criterio de "homoxeneidade do grupo" segundo o monitor responsable.

-Ter participado xa en actividades de escalada co club.

-Orde de inscrición.


Máis info chamando ao 660 69 35 35



miércoles, agosto 05, 2020

Vacacións da Federación Galega de Montañismo

Informamos que, como ven sendo habitual nestas datas de verán, a Federación Galega de Montañismo permanecerá pechada do día 1 ao 31 de agosto.

Dende a FGM nos comunican que en caso de accidente neste periodo deberemos chamar ao teléfono de Adartia 91/7819545 e preguntar por Míriam ou Jorge Orué para facer o parte de accidente.

Aproveitamos tamén a ocasión para lembrarvos que o club estará pechado até o vindeiro 1 de setembro.

QUE PASEDES UN SAUDABLE E FELIZ VERÁN!!