Circular do Mes

viernes, enero 31, 2020

Resumo: Conferencia Mariscal Pardo de Cela

O pasado venres tivo lugar no Local Social unha extraordinaria conferencia sobre o Mariscal Pardo de Cela impartida polo socio e Historiador Anselmo López Carreira.



A mesma foi moi do agrado dos asistentes grazas á profesionalidade e a excelente comunicación do conferenciante, a quen unha vez máis, agradecemos esta exposición dun dos persoeiros galegos máis relevantes da Idade Media.



miércoles, enero 29, 2020

ACTIVIDADES DA CONCELLERÍA DE IGUALDADE

Dixámosvos o programa de actividades organizado dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.





lunes, enero 27, 2020

ESCALADA SOSTENIBLE GALICIA

No Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia colaboramos con Escalada Sostenible Galiciawww.escaladasosteniblegalicia.org


ESGa é unha asociación que promove unha mellor regulación da actividade da escalada nos espazos naturais galegos, así como a súa compatibilidade coa conservación do medio, coa propiedade e cos diferentes corpos xestores.




¡Involúcrate!

jueves, enero 23, 2020

PERCORRIDO EN ESQUÍ DE TRAVESÍA E RAQUETAS DA FGM

Aquí temos a información da actividade federativa de Esquí de Travesía e Raquetas de Neve que se vai celebrar o 1 de febreiro, organizada polo Club Montañeiros Celtas.



Por favor, cando fagas a inscrición debes comunicalo tamén chamando ao noso club.

martes, enero 21, 2020

Lembrade: ¡RECOLLEDE AS LICENZAS FEDERATIVAS XA!


Unha vez que tedes solicitado a licenza é moi importante que pasedes a recollelas polo club antes de facer as actividades. 

Pensade que non é imposible que, ben por un erro administrativo, ben por parte de quen a solicita, non se teña xestionado correctamente,  de maneira que esteamos facendo actividades contando co seguro deportivo e non o teñamos.



Lembrade que mentres non temos a licenza na man non podemos estar seguros de ter a cobertura. Pasade a recollelas en horario de club aos dous-tres días de ter feito o pago.

viernes, enero 17, 2020

INFO FIN DE SEMANA

Salida a Pena Corneira: Salida del bus el domingo a las 8h. desde Plaza de España.




Salida infantil - juvenil al monte Galiñeiro - Aloia: Salida el domingo desde el Concheiro a las 9h o a las 9:30h en el merendero del Galiñeiro.





jueves, enero 16, 2020

CHARLA: O MARISCAL PEDRO PARDO DE CELA




Pardo de Cela é un modelo de personaxe histórico convertido en lenda. A mediados do século XV era o señor máis poderoso nas terras da Mariña luguesa, no bispado de Mondoñedo. Entrou en conflito con outro nobre da zona e co bispo, e ao estaren estes dous moi respaldados polos Reis Católicos, o Mariscal acabou enfrontado tamén cos monarcas. Enviaron contra el o seu exército, sometérono a un longo cerco no castelo da Frouseira e finalmente apresárono e executárono, o 17 de decembro de 1483. 

Todo isto deixou unha fonda impronta na zona e converteuse incluso en tema de literatura, desde aquel mesmo momento ata hoxe. Ademais existe agora a denominada Ruta do Mariscal, que permite percorrer o escenario dos acontecementos, entre eles o castelo de Castrodouro e os restos do da Frouseira, con espléndidas paisaxes

Contaranos o venres o noso socio  Anselmo López Carreira.  Licenciado e doutorado en Historia pola USC e Catedrático de Historia no IES María Soliño de Cangas. Trátase tamén dun historiador ligado ao Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e conta cunha extensa obra de publicacións e investigacións sobre a Galicia medieval.

¡Gran oportunidade de escoitar o relato sobre esta lenda no noso país!

CURSO DE MONTAÑISMO INVERNAL


15 e 16 de febreiro

Un ano máis, dado que sodes moitos os que solicitades este curso, e tamén pola necesidade de ter a formación precisa para moitas das actividades que desenvolve o club, temos solicitado xa este curso á FGM- EGAM, específico para socios federados do noso club. 

O número de prazas é limitado, en principio, a 8 participantes.  
Máis información sobre prezos ou subvencións chamando ao club. 

A inscrición, neste caso, unicamente terá validez se se fai a través do club, ben chamando por teléfono ou de forma presencial.

A lista ábrese hoxe ata o 4 de febreiro.


miércoles, enero 15, 2020

ESCALADA NO ROCÓDROMO UVIGO

Dispoñemos de dúas prazas para xornadas de escalada, de Xaneiro a Maio, no rocódromo da UVigo. Serán os luns ou mércores de 14 a 16h.

Están destinadas a persoas que xa teñan uns coñecementos mínimos para incorporación a grupo existente de iniciación con monitor.

Os interesados poñervos en contacto co teléf. 660 69 35 35 onde vos darán máis información.


martes, enero 14, 2020

NOVA CONVOCATORIA DA FGM PARA O EQUIPO DE NOV@ ALPINIST@S

A Federación Galega de Montañismo abre unha nova convocatoria para incorporarse ao Programa de Tecnificación de Novos Alpinistas (PTNA) e formar parte do Equipo de Novos e Novas Alpinistas Galegos/as (ENAG).




CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR:
  • Ter entre 18 e 30 anos e dispor da tarxeta federativa da FGM en vigor (mínimo mod. B)
  • Enviar currículo deportivo e breve currículo persoal en prazo.
  • Participar nas Probas Selectivas. As probas serán gratuítas pero os deportistas correrán cos seus gastos.

INSCRICIÓNS:

Enviar o currículo deportivo e un breve currículo persoal a alpinismo@fedgalmon.gal. No curriculo persoal poremos todos os datos persoais e de contacto para que a Vogalía de Alpinismose poida pór en contacto cos/coas aspirantes.

O prazo para enviar currículos remata o 15 de febreiro. ¡Animádevos!

RECOLLER LICENZAS FEDERATIVAS XA

Unha vez que tedes solicitado a licenza é moi importante que pasedes a recollelas polo club antes de facer as actividades.

Pensar que non é imposible que por un erro administrativo, ou de quen a solicita, non se teña xestionado ou foi mal solicitada e fagamos actividades contando co seguro deportivo e non o teñamos.

Lembrar que mentres non temos a licenza na mán non podemos estar seguros de ter a cobertura. Pasar a recollelas en horario de club aos dous-tres días de ter feito o pago.


jueves, enero 09, 2020

XORNADAS DE ESCALADA INFANTIL 2020

A escalada está en auxe e como nova modalidade olímpica, será un dos deportes máis practicados pola xuventude con todo o potencial deportivo e psicolóxico.
 
Xa temos aberta a inscrición para que os nosos nenos e nenas escalen na mañá dos sábados no búlder do club. Estas xornadas comezarán en Febreiro e xa está aberta a lista para a inscrición ás mesmas que terán lugar na mañá dos sábados entre ás 11h e 13h e vai dirixida a nenos e nenas entre seis e dez anos.
 
Será un primeiro paso para que a partir do vindeiro curso poidan practicar e ampliar os coñecementos en escalada do rocódromo da UVigo.
 
Máis información chamando ao  660 69 35 35.
 

 ¡Unha modalidade deportiva en auxe que os pode chegar a ilusionar cara a novos retos!


miércoles, enero 08, 2020

ABRENSE VARIAS LISTAS



Hoxe ábrese a lista para anotarse a “Pena Corneira”  que terá lugar o próximo día 19 de xaneiro.



¡Apuntádevos canto antes!

Lembrámosvos que tamén está aberta a lista da sección infantil e xuvenil para o “Monte Aloia - Galiñeiro” que tamén terá lugar o domingo día 19. 


martes, enero 07, 2020

LICENCIA FEDERATIVA 2020

Por razóns administrativas as solicitudes de licenzas, asistencia a cursos da EGAM ou actividades federativas deben xestionarse sempre a través do club, nunca directamente na Federación. 



Para solicitar a licenza debedes seguir os seguintes pasos:

  1. Escoller a modalidade que precisedes para a actividade deportiva que ides realizar. (Consultar a táboa de abaixo).
  2. Facer o ingreso do importe total na conta do club ES88 2080 5046 2930 4001 8773. Pedir no banco que no apartado “Concepto” poñan licenza e o voso nome. “Exemplo: Licenza Luís García García”.
  3. Facernos chegar o documento de solicitude cos vosos datos ben cubertos, se pode ser, o mesmo día que facedes o ingreso. Dende o club xa verificamos os ingresos na conta. (Preme aquí para descargalo)

Solicitaremos a Licenza á FGM cando recibamos o documento de solicitude e teñamos constancia do ingreso.

Toda a información a tendes na páxina da Federación (preme aquí)

CONCURSOS SOCIAIS


Un ano máis animámosvos a que participedes nos concursos sociais que o club ten propostos para todos os socios. 

Na nosa web (preme aquí) podedes atopar toda a normativa, así como o modelo de parte que podedes descargar para presentar as vosas actividades.